Sonny Bill Williams
deportista neozelandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sonny William "Sonny Bill" Williams (tamén coñecido polo acrónimo SBW), nado o 3 de agosto de 1985 na cidade de Auckland[1], é un ex xogador de rugby XIII, XV e sete[2] de Nova Celandia con dobre nacionalidade neozelandesa e samoana[3]. Xogaba na posición de centro no conxunto dos Blues na liga Super 15. O seu primeiro club de Rugby Union foi o RC Toulon, de Francia. Proclamouse campión do mundo cos All Blacks nas edicións de 2011 e 2015 da copa do mundo desta disciplina. Formou parte do combinado do seu país para os Xogos Olímpicos de 2016, na modalidade olímpica de rugby, pero no primeiro partido rompeu un tendón e tivo que ser substituído por Sione Molia, xogador que estaba citado como reserva. Xogador poderoso e rápido, foi un placador temido e un xogador ofensivo dotado dunha grande técnica individual e apreciado polos seus numerosos pases sobre a placaxe.[4]
En paralelo á súa carreira como xogador de rugby, leva unha curta mais exitosa carreira no boxeo.
Foi embaixador de UNICEF nunha visita ao Líbano no ano 2015, sendo criticado máis adiante pola mesma asociación por mor da publicación na rede social Twitter dunhas fotos de cativos mortos tiradas supostamente na mesma viaxe.[5]