Soñan os androides con ovellas eléctricas?
novela de Philip K. Dick / From Wikipedia, the free encyclopedia
Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968. A novela está ambientada nun San Francisco postapocalíptico, onde a vida na Terra foi seriamente danada por unha guerra mundial nuclear. A maioría das especies animais están ameazadas ou extintas por mor da radiación, polo que posuír un animal é un sinal de status e empatía, unha actituda alentada cara ós animais. O libro serviu como base para o filme de 1982 Blade Runner, e moitos elementos e temas tamén foron usados para a secuela de 2017 Blade Runner 2049.
Soñan os androides con ovellas eléctricas? | |
---|---|
Título orixinal | Do Androids Dream of Electric Sheep? |
Autor/a | Philip K. Dick |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | Ciencia ficción |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Doubleday Kalandraka |
Data de pub. | 1968 2019 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 210 |
Tradución | Fernando Moreiras |
[ editar datos en Wikidata ] |
O argumento principal conta a historia de Rick Deckard, un cazarrecompensas que ten a misión de "retirar" (asasinar) seis androides modelo Nexus-6, ó tempo que unha trama secundaria segue a historia de Isidore, un home de categoría inferior que axuda os androides fuxitivos. Arredor da misión de Deckard, a novela explora os temas sobre o que quere dicir ser humano e se a empatía é unha habilidade exclusivamente humana.
Foi traducido ó galego por Fernando Moreiras e foi publicado pola Editorial Kalandraka no ano 2019.[1][2]