Super Bowl LIV
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Super Bowl LIV foi a 54ª edición da Super Bowl e a 50ª final da era moderna da National Football League (NFL) de fútbol americano. O partido xogaouse o 2 de febreiro de 2020 no Hard Rock Stadium de Miami Gardens, Florida (Estados Unidos), ante 62.417 espectadores. Esta foi a décimo primeira Super Bowl que acollida no sur do estado de Florida.
| |||||||
Data | 2 de febreiro de 2020 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Sede | Miami Gardens, Florida | ||||||
Estadio | Hard Rock Stadium | ||||||
Asistencia | 62.417 | ||||||
Árbitro | Bill Vinovich | ||||||
MVP | Patrick Mahomes | ||||||
Favoritos | Chiefs por 1,5 | ||||||
Himno | Demi Lovato | ||||||
Show descanso | Jennifer Lopez e Shakira | ||||||
Audiencia | 102 millóns | ||||||
Prezo anuncio | $5.600.000 (por 30 s) |
O partido enfrontou aos campions da National Football Conference (NFC), San Francisco 49ers, contra os campións da American Football Conference (AFC), os Kansas City Chiefs. A vitoria foi para os Chiefs por 31−21, sendo nomeado mellor xogador do encontro o quarterback Patrick Mahomes. Mahomes conseguiu facer 26 pases de 42 intentos para 286 iardas (dous touchdowns, dúas intercepcións) e correr 29 iardas (un touchdown).[1]