Supertramp
From Wikipedia, the free encyclopedia
Supertramp é un grupo inglés de pop e rock progresivo que gozou de gran popularidade durante a década dos 70. Na súa primeira época crearon ambiciosos álbums conceptuais, pero son máis coñecidos polas súas posteriores cancións, de ton Beatle, como "Dreamer", "Goodbye Stranger", "Give a Little Bit" e "The Logical Song". A pesar do éxito comercial, o grupo nunca alcanzou a fama; dicíase na cima da súa popularidade que Supertramp era o grupo musical do mundo con máis vendas cuxos membros podían pasear pola rúa sen ser recoñecidos.
Datos rápidos Orixe, Período ...
Supertramp | |
---|---|
Supertramp durante unha actuación da xira "Breakfast In Europe" | |
Orixe | Inglaterra |
Período | 1969 - 1988 1996 - 2002 2010 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, rock, pop rock, art rock, new wave |
Selo(s) discográfico(s) | A&M, Silver Cab, EMI, BMG |
Membros | (en 2002) Rick Davies, Bob Siebenberg, Mark Hart, John Helliwell, Carl Verheyen, Lee Thornburg, Cliff Hugo e Jesse Siebenberg |
Antigos membros | Ver Membros |
Na rede | |
www.supertramp.com | |
Pechar