Suzanne Lenglen
tenista profesional francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Suzanne Rachel Flore Lenglen, nada en París o 24 de maio de 1899 e finada na mesma cidade o 4 de xullo de 1938, foi unha tenista francesa, campioa olímpica, que obtivo 31 títulos de Grand Slam, doce deles individuais. Foi a primeira muller en converterse en tenista profesional. Dominou o tenis feminino entre 1919 e 1926. Alcumada "a divina" pola prensa francesa,[1] está considerada a primeira gran diva e campioa do tenis feminino, deporte en que rompeu barreiras cun xogo apaixonado. Negociou co deseñador Jean Patou a confección da súa roupa deportiva e en 1921 revolucionou o vestiario do tenis xogando cos brazos descubertos e con saias un pouco por debaixo dos xeonllos.[2][3]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Suzanne Rachel Flore Lenglen 24 de maio de 1899 París, Francia | ||||||||||||
Morte | 4 de xullo de 1938 (39 anos) París (Francia) | ||||||||||||
Causa da morte | leucemia Anemia perniciosa | ||||||||||||
Lugar de sepultura | Saint-Ouen Cemetery (en) | ||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||
País de nacionalidade | Francia | ||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||
Actividade | |||||||||||||
Ocupación | tenista | ||||||||||||
Período de actividade | agosto de 1926 - | ||||||||||||
Lingua | Lingua francesa | ||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | ||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual | ||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||
| |||||||||||||
Participou en | |||||||||||||
1920 | tennis at the 1920 Summer Olympics – women's singles (en) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||
1920 | tennis at the 1920 Summer Olympics – women's doubles (en) (Medalla de bronce olímpica) | ||||||||||||
1920 | tennis at the 1920 Summer Olympics – mixed doubles (en) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||
Premios | |||||||||||||
Pechar