Tapa (recipiente)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha tapa,[1] tampa, tapadeira ou cuberta, é unha peza móbil de forma en xeral aplanada con que se cobre calquera recipiente ou caixa, que pode ser independente ou estar articulada polo bordo mediante un gonzo ou bisagra, empregada para pechar ou selar dito recipiente para protexer o seu contido e tamén para evitar que este reborde.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tapa (homónimos).
Nalgúns casos leva un elemento de agarre (unha asa, unha peza para calcar co dedo polgar ou unha forma ornamental (froitas, verduras ou landra).
Encontráronse tapas realizadas en cerámica que se remontan ao 3100 a. C.[Cómpre referencia]