Tash Sultana
Cantautora e músico australiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Natasha "Tash" Sultana, nada en Melbourne o 15 de xuño de 1995, é unha cantante e multi-intrumentista australiana,[1] descrita como unha "muller banda que achega un novo significado ó concepto de multitarefa".[2] O seu sinxelo de 2016 "Jungle" clasificouse no terceiro posto do Triple J Hottest 100, 2016, e Sultana tamén coseguiu 3 cancións nos Triple J Hottest 100, 2017.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1995 (28 anos) Melbourne, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Educación | Buckley Park College (en) Essendon Keilor College (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , artista urbano , produtor , multiinstrumentista , músico |
Período de actividade | 2013 - |
Xénero artístico | Rock psicodélico, indie pop, Soul, Rhythm and blues e Funk |
Instrumento | Voz, guitarra, teclado, Instrumento de percusión e Batería |
Selo discográfico | Sony Music Austrália (pt) |
Páxina web | tashsultana.com |
Pechar
Sultana medrou en Melbourne e toca a guitarra dende que ten tres anos.[1] A súa carreira na música comezou actuando nas rúas,[3] e estivo activa como músico en Bandcamp dende 2013.[4] As súas gravacións tiñan millóns de visitas na súa canle en 2016.