The Chronicles of Narnia
heptaloxía literaria de C. S. Lewis / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Chronicles of Narnia é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas polo británico C. S. Lewis. Ilustradas por Pauline Baynes e publicadas orixinalmente entre 1950 e 1956, a serie de The Chronicles of Narnia adaptouse para radio, televisión, teatro, cinema e mesmo videoxogos.
The Chronicles of Narnia | |
---|---|
Título orixinal | The Chronicles of Narnia |
Autor/a | C. S. Lewis |
Ilustrador/a | Pauline Baynes |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | The Chronicles of Narnia |
Tema(s) | Fantasía |
Xénero(s) | Fantasía, literatura infantil |
Editorial | Geoffrey Bles (libros 1–5) The Bodley Head (libros 6 e 7)[1][2] HarperCollins (actualmente a nivel mundial) |
Data de pub. | 16 de outubro de 1950 – 4 de setembro de 1956 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten lugar nun reino ficticio chamado Narnia, un mundo de fantasía e maxia cheo de criaturas mitolóxicas e animais que falan. Trata as aventuras de varios nenos e nenas que xogan un papel central na historia de Narnia. Agás en The Horse and His Boy, os protagonistas son sempre nenos do mundo real que son transportados maxicamente a Narnia, onde deben loitar contra o mal por petición do león Aslan. Os libros recollen a historia enteira de Narnia, dende a súa creación en The Magician's Nephew até a súa destrución en The Last Battle.
A serie de The Chronicles of Narnia considérase un clásico da literatura infantil e é a obra máis vendida de C. S. Lewis, con arredor de 100 millóns de copias en 47 linguas.[3][4][5]