Tom Morello
From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Baptiste "Tom" Morello, nado en Harlem (Nova York) o 30 de maio de 1964, é un guitarrista estadounidense, coñecido polo seu traballo nas bandas Audioslave e Rage Against the Machine. Actúa tamén en solitario baixo o pseudónimo de The Nightwatchman e recentemente creou un novo proxecto chamado Street Sweeper Social Club. Tom é tamén o cofundador (xunto con Serj Tankian) da organización activista política sen ánimo de lucro Axis of Justice. Destaca polo seu uso de efectos de guitarra, os seus innovadores solos de guitarra, o seu uso do tapping, e os seus pesados riffs. Foi elixido pola Rolling Stone como o 26 mellor guitarrista de todos os tempos[1].
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thomas Baptist Morello 30 de maio de 1964 (59 anos) Harlem, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Outros nomes | The Nightwatchman |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Harvard (–1986) Libertyville High School (en) (–1982) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , compositor , sindicalista , intérprete de banxo , actor , cantautor , músico , mandolinista |
Período de actividade | 1979 - |
Xénero artístico | Metal alternativo, funk metal, hard rock, heavy metal tradicional (pt) , rap metal, Nu metal, Hardcore punk, crossover, folk e electronic dance music (pt) |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Sony BMG Epic Records Interscope Records |
Páxina web | tommorello.com |
|
Pechar