Traizón
From Wikipedia, the free encyclopedia
En Dereito, a traizón[1][2] refírese a un conxunto de crimes que engloban os actos máis extremos en contra do país de cada un.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Traizón (homónimos).
Familiarmente, a traizón consiste en defraudar a familia, amigos, grupo étnico, relixión, ou outro grupo ao cal poida pertencerse, facendo o contrario ao que os outros esperan. A miúdo, cando se acusa de traidor, tales acusacións son controvertidas e disputadas, cando a persoa non pode identificarse co grupo do cal é membro, ou do contrario está en desacordo cos líderes do grupo que fan o cargo.