Ultradereita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ultradereita[1], extrema dereita ou dereita radical refírese, dentro do concepto da existencia dunha esquerda e dereita, ao mais elevado grao de dereitismo no espectro ideolóxico. A política de extrema dereita envolve frecuentemente un foco na tradición, real ou imaxinada, en oposición as políticas e costumes que son considerados como reflexo do modernismo. Moitas ideoloxías de extrema dereita teñen desprezo ou desdén polo igualitarismo, mesmo que non sempre expresan apoio explícito á xerarquía social, elementos de conservadorismo social e oposición á maioría das formas de liberalismo e socialismo. Algúns grupos apoian unha forte ou completa estratificación social e a supremacía de certos individuos ou grupos considerados naturalmente superiores.[2]
A defensa da ultradereita da supremacía baséase no que seus adeptos ven como características innatas de persoas que non poderían ser alteradas.[3] O centro-dereita, pola contra, alega que as persoas poden acabar coa súa inferioridade de comportamento a través da mudanza dos seus hábitos e escollas.[3]
O termo tamén utilizase para describir ideoloxías como o nazismo,[4][5] o neonazismo, o fascismo, o neofascismo e outras ideoloxías ou organizacións que presente puntos de vista extremistas, nacionalistas, chauvinistas, xenófobos, racistas ou reacionarios,[6] que poden levar a opresión e violencia contra grupos de persoas en base a unha suposta inferioridade ou ameaza á nación, Estado ou institucións sociais tradicionais ultraconservadoras.[7]
O populismo de dereita, unha ideoloxía política que moitas veces combina laissez-faire, nacionalismo, etnocentrismo e antielitismo, descríbese moitas veces como de extrema-dereita.[8][9] O populismo de dereita polo xeral envolve apelacións ao "home común" e oposición á inmigración.[10][11] Os defensores da teoría da ferradura interpretan o espectro de esquerda-dereita identificando a extrema-esquerda e a extrema-dereita, como tendo mais en común entre si, como extremistas, do que cada un ten cos centristas moderados.[12]