Unión Demócrata Cristiá de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional. A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo. Dende a formación da República Federal Alemá, a CDU formou parte da maioría dos executivos federais e chanceleres como Konrad Adenauer, Helmut Kohl ou Angela Merkel foron militantes democristiáns.
Unión Democrática Cristiá de Alemaña | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 26 de xuño de 1945 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia cristiá[1][2][3] Liberalismo económico Ordoliberalismo Conservadorismo liberal Europeísmo |
Posición política | Centro político, centro dereita[4][5] |
Outros datos | |
Sede | Klingelhöferstraße 8 10785 Berlín, Alemaña |
Na rede | |
www.cdu.de | |
En 2020, a CDU sumaba 399 110 afiliados.[6] Ademais, nas eleccións federais de 2021 logrou 152 deputados no Bundestag (sobre 736),[7] e, en xaneiro de 2022, integra en solitario ou en coalición 9 dos 16 gobernos dos estados federados (Länder).