Vegas Golden Knights
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Vegas Golden Knights son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Las Vegas (Nevada, Estados Unidos). Fundados en 2016 como equipo de expansión, compiten na National Hockey League (NHL) dende a tempada 2017-18, quedando encadrados na Pacific Division da Conferencia Oeste. O equipo xoga os seus partidos como local no T-Mobile Arena, situado no suburbio de Paradise. Na súa primeira tempada na NHL o equipo conseguiu proclamarse campión da súa división na liga regular, e da Conferencia Oeste nos play-offs, converténdose así no terceiro equipo que chegaba ás finais da Stanley Cup na súa primeira tempada logo dos Toronto Arenas (1918) e os St. Louis Blues (1968).[1]
Datos rápidos Fundación, Cidade ...
Vegas Golden Knights | |
---|---|
Fundación | 2016 |
Cidade | Las Vegas, Nevada Estados Unidos |
Estadio | T-Mobile Arena (17.500 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Pacific |
Propietario(s) | Bill Foley Familia Maloof |
Director | George McPhee |
Adestrador | Gerard Gallant |
Cores | Gris aceiro, dourado, vermello e negro |
Na rede | |
https://www.nhl.com/goldenknights/ | |
Pechar