Vince Carter
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vincent Lamar Carter, nado o 26 de xaneiro de 1977, en Daytona Beach, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Foi All-Star en oito tempadas e noutras dúas foi incluído no Segundo e Terceiro Mellor Quinteto da NBA. É o único xogador na historia da NBA en xogar 22 tempadas na liga e en catro décadas diferentes, dende 1999 a 2020. É curmán do ex xogador de baloncesto profesional Tracy McGrady.
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de xaneiro de 1977 (47 anos) Daytona Beach, Florida |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Mainland (Daytona Beach, Florida) |
Universidade | North Carolina (1995–1998) |
NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Golden State Warriors |
Carreira | 1998–2020 |
Historial de equipos | |
Toronto Raptors (1998–2004) New Jersey Nets (2004–2009) Orlando Magic (2009–2010) Phoenix Suns (2010–2011) Dallas Mavericks (2011–2014) Memphis Grizzlies (2014–2017) Sacramento Kings (2017–2018) Atlanta Hawks (2018–2020) | |
Premios e galardóns | |
1× Rookie do Ano (1998) 8× NBA All-Star Game (2000-2007) 1× Concurso de mates (2000) |
Foi seleccionado no posto número cinco do Draft de 1998 por Golden State Warriors e traspasado ao momento a Toronto Raptors. Foi na franquía canadense onde se forxou a súa lenda de especialista do mate, con participacións tan sobresalientes como a do concurso de mates de 2000 en Oakland, onde levou o título deixando mates para o recordo. Na súa tempada como novato levou o galardón de Rookie do Ano da NBA. O seu alcume máis popular alí foi o de "Air Canada", alcume que responde o nome do pavillón en Toronto, o Air Canada Centre. Na tempada 2004-05 foi traspasado a New Jersey Nets. Coa selección de baloncesto de Estados Unidos alzouse coa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000. Famoso naquela cita foi o mate saltando ao xogador francés Frédéric Weis. Co seu 1,98 de estatura xoga na posición de escolta.