Tracy McGrady
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tracy Lamar McGrady, Jr, nado o 24 de maio de 1979 en Bartow, Florida, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense. McGrady entrou na NBA directamente despois de graduarse no instituto, sen pasar pola universidade como é habitual dentro dos xogadores profesionais norteamericanos. É coñecido polo alcume de "T-Mac". É curmán do xogador Vince Carter.
Tracy McGrady | |
---|---|
Posición | Escolta / Ala |
Dorsal | 1, 3, 9 |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Nacemento | 24 de maio de 1979 (44 anos) Bartow, Florida |
Carreira | |
NBA Draft | 1997 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Toronto Raptors |
Tempadas | 1997–2013 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 18 381 (19,6 pp) |
Rebotes | 5 276 (5,6 pp) |
Asistencias | 4 161 (4,4 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Sete veces seleccionado para disputar o All-Star Game, gañou dous títulos de máximo anotador da liga en 2003 e 2004. Antes de fichar polos Houston Rockets en 2004, pasou sete anos da súa carreira en Toronto Raptors e Orlando Magic. McGrady foi elixido o septuaxésimo quinto mellor xogador da historia da NBA na lista elaborada pola revista SLAM en 2003.[1] A pesar dos seus éxitos a nivel individual, McGrady nunca superou unha rolda de playoffs. Despois de seis anos en Houston, McGrady foi traspasado en febreiro de 2010 aos New York Knicks. O estilo de xogo de McGrady foi comparado co de George Gervin.[2]