Virus de Epstein-Barr
un dos oito virus da familia dos herpesvirus, un dos virus humanos máis comúns / From Wikipedia, the free encyclopedia
O virus de Epstein-Barr (EBV), tamén chamado herpesvirus humano 4 (HHV-4, Human herpesvirus 4), é un dos oito virus humanos da familia dos herpesvirus, e un dos virus humanos máis comúns. Recibe o seu nome polos apelidos dos seus descubridores, Michael Anthony Epstein e Yvonne Barr.
Virus de Epstein–Barr | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dous virións de Epstein–Barr | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinónimos | |||||||||||||
|
É principalmente coñecido por ser o causante da mononucleose infecciosa (febre glandular). Tamén está asociado con determinadas formas de cancro, como o linfoma de Hodgkin, linfoma de Burkitt, cancro gástrico, carcinoma nasofarínxeo, e as condicións asociadas co virus da inmunodeficiencia humana (HIV), como a leucoplaquia pilosa e os linfomas de sistema nervioso central.[1][2] Hai probas de que a infección polo EBV está asociada cun risco máis alto de ter certas doenzas autoinmunes,[3] especialmente dermatomiosite, lupus eritematoso sistémico, artrite reumatoide, síndrome de Sjögren,[4][5] e esclerose múltiple.[6] Uns 200.000 casos de cancro ao ano poden atribuírse ao EBV.[7]
A infección polo EBV ocorre por transferencia oral de saliva[8] e secrecións xenitais.
A maioría da xente acaba sendo infectada polo EBV e adquire inmunidade adaptativa. Por exemplo, hai estudos feitos nos Estados Unidos que indican que nese país a metade dos nenos de cinco anos de idade e un 90 % dos adultos teñen evidencias de infeccións previas.[9] Os nenos pequenos fanse susceptibles ao EBV en canto desaparece a súa protección polos anticorpos maternos. Moitos nenos son infectados polo EBV, e estas infeccións xeralmente non causan síntomas nin se distinguen doutras doenzas leves e breves da infancia. Cando a infección ocorre na adolescencia, causa mononucleose infecciosa no 35 a 50 % dos casos.[10]
O EBV infecta as células B do sistema inmunitario e células epiteliais. Unha vez que a infección lítica inicial polo EBV queda controlada, o EBV persiste de forma latente nas células B durante toda a vida da persoa.[8]