Voo 1 de American Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 1 de American Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto Idlewild en Nova York e o aeroporto dos Ánxeles. O día 1 de marzo de 1962 o Boeing 707 deuse a volta e esnafrouse na Jamaica Bay dous minutos despois da engalaxe, matando os 87 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo. Unha investigación da Xunta de Aeronáutica Civil (CAB) determinou que un defecto de fabricación no sistema do piloto automático levou a unha entrada no sistema de control do temón non comandada, causando o accidente, no que morreron bastantes personalidades notables. Foi o quinto accidente fatal dun Boeing 707 e, no seu momento, o que máis vítimas tivo.[1]
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 1 de American Airlines | |
---|---|
Boeing 707 semellante ao do accidente | |
Resumo | |
Data | 1 de marzo de 1962 |
Causa | mal mantemento |
Lugar | Jamaica Bay |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Idlewild |
Destino | aeroporto dos Ánxeles |
Finados | 95 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 707-123B |
Operador | American Airlines |
Rexistro | N7506A |
Pasaxeiros | 87 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 0 |
Pechar