Vésperas sicilianas
matanza de franceses en Sicilia no ano 1282 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Por Vésperas sicilianas, termo acuñado xa no século XV,[1] coñécese o acontecemento histórico da matanza de franceses en Sicilia no ano 1282, que acabou causando a división do Reino de Sicilia (que comprendía a illa e todo o sur da Península Itálica, até os Estados Pontificios), e a fin da presenza anxevina na illa, substituída pola influencia da Coroa de Aragón, coa coroación de Constanza II de Sicilia e o seu esposo Pedro III de Aragón como reis de Sicilia, e relegando ao anterior rei Carlos I de Anjou ao Reino da Sicilia continental (Reino de Nápoles).
Vésperas sicilianas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
As Vésperas sicilianas, de Francesco Hayez (1846) | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Reino de Sicilia Coroa de Aragón Imperio Bizantino |
Reino de Nápoles Reino de Francia Estados Pontificios | ||||||||
Líderes | |||||||||
Pedro III de Aragón Afonso III de Aragón Xaime I de Sicilia |
Carlos I de Anjou Carlos II de Anjou Martiño IV |
O 30 de marzo de 1282, cando as campás das igrexas de Palermo chamaban ao oficio de vésperas, produciuse un levantamento do pobo da cidade, que masacrou a gornición francesa (anxevina) presente nela. O levantamento estendeuse a outras localidades da illa, como Corleone e Mesina, até que foron completamente expulsados os franceses. Os sicilianos chamaron na súa axuda o rei Pedro III de Aragón, que podía alegar en favor da súa causa os dereitos da súa muller Constanza, filla do falecido rei Manfredo, da casa de Hohenstaufen, que gobernou o Reino de Sicilia até a súa derrota e morte a mans de Carlos de Anjou na batalla de Benevento, o 26 de febreiro de 1266.
Os acontecementos relativos ás Vésperas sicilianas encóntranse relatados en varias crónicas medievais, entre as que cabe citar a famosa Crónica de Ramón Muntaner, onde se afirma que a chispa que prendeu a rebelión en Palermo foi a aldraxe que uns anxevinos perpetraron a unhas damas sicilianas.