Xamba
peza que sostén un lintel ou arco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase xamba (do francés jambe 'perna', tomado da forma camba do latín vulgar)[1] ou macheta[2] a cada unha das dúas pezas labradas que, postas verticalmente nos dous lados das portas o fiestras, sosteñen o lintel ou o arco que os cobre[3]. Tanto se o muro da casa é de cachotería coma de cantaría as xambas adoitan ser pezas de perpiaño.
Outros sinónimos en galego son: agulla, pé dereito, mocheta, tranqueiro e ucheira[4].
Denomínase xambaxe ao conxunto formado polas xambas e o lintel dunha porta ou ventá[5].