Yao Ming
baloncestista chinés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Yao Ming (en chinés: 姚明, pinyin: Yáo Míng), nado o 12 de setembro de 1980 en Shanghai, é un ex xogador profesional de baloncesto chinés. Xogou oito temporadas na NBA, todas elas nos Houston Rockets. Cunha altura de 2,29 m xogaba na posición de pivote. É o quinto xogador máis alto da historia da competición, só por detrás de Gheorghe Mureşan, Manute Bol, e Shawn Bradley.[1] Actualmente é o presidente do Shanghai Sharks, equipo da liga de baloncesto da China.
Yao Ming | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 11 |
Altura | 2,29 m (7 ft 6 in) |
Peso oficial | 141 kg (310 lb) |
Nacemento | 12 de setembro de 1980 (43 anos) Shanghai, China |
Carreira | |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Houston Rockets |
Tempadas | 1997–2011 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 9 247 (19,0 pp) |
Rebotes | 4 494 (9,2 pp) |
Asistencias | 920 (1,9 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Yao comezou xogar para os Shanghai Sharks como adolescente, xogando posteriormente para o equipo sénior da Chinese Basketball Association (CBA) durante cinco anos. Despois de negociar a súa saída cos Sharks e a CBA, presentouse ao Draft da NBA, onde foi seleccionado polos Houston Rockets como número un en 2002. Co equipo texano xogou os Playoffs en catro ocasións. En xullo de 2011, anunciou a súa retirada do baloncesto profesional debido a unha serie de problemas nos pés e nos tornecelos, que xa o levaran a perderse 250 partidos nas súas últimas seis temporadas.