Ácido graxo omega-6
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ácidos graxos omega-6 (tamén chamados ácidos graxos ω−6 ou ácidos graxos n−6) son unha familia de ácidos graxos poliinsaturados que teñen en común posuír un dobre enlace entre carbonos na posición n−6, é dicir, o sesto enlace contando desde o metilo final da cadea do ácido graxo. [2] A denominación omega (ω) indica que se empeza a contar desde o final da cadea, xa que é a última letra do alfabeto grego (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).
Os principais ácidos graxos omega-6 son o ácido linoleico, o ácido gamma-linolénico e o ácido araquidónico. A fonte principal de ácidos graxos omega-6 son os aceites vexetais.[3] Considéranse bos para a saúde, xa que reducen o colesterol total.[4]