Ámbar dominicano
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ámbar dominicano é o ámbar que se obtén de xacementos da República Dominicana derivado de resina da árbore extinta Hymenaea protera (anxiosperma fabácea) con idades que van do Oligoceno ao Mioceno.
O ámbar dominicano diferénciase do ámbar báltico por ser case sempre transparente e ter un maior número de inclusións de fósiles. Isto permitiu facer unha detallada reconstrución do ecosistema dun antigo bosque tropical.[1]