Catedral de Estrasburgo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Catedral de Estrasburgo ou Catedral da Nosa Señora de Estrasburgo (en francés: Cathédrale Notre-Dame de Strasbourg, en alemán: Liebfrauenmünster zu Straßburg), é unha catedral católica de Estrasburgo, Francia. Malia que partes considerables dela pertencen á arquitectura románica, é amplamente considerada[1][2][3][4] como un exemplo de arquitectura gótica. O arquitecto alemán Erwin von Steinbach foi o responsable da construción debida ás súas contribucións dende 1277 ata a súa morte en 1318.
Catedral de Nosa Señora de Estrasburgo | |
---|---|
Fachada occidental, dende a Rue Mercière. | |
Datos xerais | |
País | Francia |
Rexión | Alsacia |
Tipo | Catedral |
Advocación | Virxe María |
Localización | Estrasburgo |
Coordenadas | 48°34′54″N 7°45′03″L |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Arquidiocese de Estrasburgo |
Arquitectura | |
Construción | 1015-1439 |
Estilo | Gótico |
Páxina web | cathedrale-strasbourg.fr |
[ editar datos en Wikidata ] |
Con 142 metros de altura, foi o edificio máis alto do mundo entre 1647 e 1874, momento no cal foi superado por Igrexa de San Nicolás, Hamburgo. Hoxe en día, é a sexta igrexa máis alta do mundo, e a máis alta estrutura aínda en pé construída durante a Idade Media.
Descrita por Victor Hugo como unha "xigantesca e delicada marabilla",[5] a catedral é visible dende as chairas de Alsacia e pode ser vista dende os Vosgos ou a Selva Negra na outra beira do Rin.