Julen Lopetegui
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Julen Lopetegui Agote, nado o 28 de agosto de 1966 en Asteasu (Guipúscoa), é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro e disputou un total de 149 partidos na Primeira División, repartidos entre Real Madrid, Logroñés, Barcelona e Rayo Vallecano. Foi nunha ocasión internacional coa selección española, coa que acudiu ao Mundial de 1994 como porteiro suplente.
Julen Lopetegui | |||
---|---|---|---|
Lopetegui co Porto en 2014 | |||
Información persoal | |||
Nome | Julen Lopetegui Agote[1] | ||
Nacemento | 28 de agosto de 1966 (57 anos) | ||
Lugar de nacemento | Asteasu | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Wolverhampton Wanderers (ad.) | ||
Carreira xuvenil | |||
Real Sociedad | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1983–1985 | San Sebastián | ||
1985–1988 | Castilla | 61 | (0) |
1988–1989 | → Las Palmas (cedido) | 31 | (0) |
1989–1991 | Real Madrid | 1 | (0) |
1991–1994 | Logroñés | 107 | (0) |
1994–1997 | Barcelona | 5 | (0) |
1997–2002 | Rayo Vallecano | 112 | (0) |
Total | 317 | (0) | |
Selección nacional | |||
1985 | España sub-21 | 1 | (0) |
1994 | España | 1 | (0) |
Adestrador | |||
2003 | Rayo Vallecano | ||
2008–2009 | Real Madrid B | ||
2010–2013 | España sub-19 | ||
2010–2013 | España sub-20 | ||
2012–2014 | España sub-21 | ||
2014–2016 | Porto | ||
2016–2018 | España | ||
2018 | Real Madrid | ||
2019–2022 | Sevilla | ||
2022– | Wolverhampton Wanderers | ||
Na rede | |||
https://julenlopetegui.com/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
En 2003 iniciou a súa carreira como adestrador, dirixindo primeiro o Rayo Vallecano e máis tarde o Real Madrid Castilla, antes de ingresar nas categorías inferiores da selección española, onde traballou catro anos. Despois de adestrar o Porto entre 2014 e 2016, foi nomeado novo seleccionador de España, substituíndo ao xubilado Vicente del Bosque. Dirixiu a selección española durante dous anos, ata que foi despedido un día antes do inicio do Mundial de 2018, ao coñecerse a súa fichaxe polo Real Madrid para a seguinte campaña.
Tras unha breve etapa no Real Madrid, chegou en 2019 ao banco do Sevilla, club ao que dirixiu durante máis de tres anos, gañando a Europa League en 2020.