Kinshasa
Capital da República Democrática do Congo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kinshasa (antigamente Léopoldville) é a capital e maior[1] cidade da República Democrática do Congo. Cunha poboación de 8,5 millóns, é tamén unha das máis poboadas da África subsahariana. Cidade de contrastes, con zonas residenciais, comerciais e universitarias xunto a barrios de chabolas.
Nomeado en referencia a | Leopoldo II de Bélxica | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | República Democrática do Congo | |||
Provincia | Kinshasa (en) | |||
Capital de | Q60852075 Congo Belga República do Congo (Léopoldville) (pt) Zaire (1971–1997) República Democrática do Congo (1997–) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 11.855.000 (2016) (1.189,66 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua francesa | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 9.965 km² | |||
Bañado por | Río Congo | |||
Altitude | 240 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Fundador | Henry Morton Stanley | |||
Creación | 1881 | |||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0987- | |||
ISO 3166-2 | CD-KN | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | kinshasa.cd | |||
Kinshasa está situada na ribeira sur do río Congo, en fronte da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo. Fundada como posto comercial por Henry Morton Stanley en 1881 chamándolle Léopoldville en honra do rei Leopoldo II de Bélxica, a quen se lle dera a título persoal todo o país. A cidade sitúase xusto antes das cataratas Livingstone, polo que o Congo só é navegábel até Kinshasa. En 1898 construíuse un ferrocarril até a costa.
En 1965 Mobutu Sese Seko alcanzou o poder, e na súa política de "africanización" cambiou os nomes de persoa e lugar en todo o país, que se chamaría Zaire. En 1966 Léopoldville foi chamado Kinshasa, por unha aldea que estaba nas proximidades. A cidade creceu rapidamente, até o punto en que a tradicional lingua local, o congo, foi desprazada polo lingala.
Kinshasa sufriu gravemente polo nepotismo do goberno de Mobutu e pola Primeira guerra do Congo. Mais aínda así, a cidade é un dos principais centros culturais da África Central, cunha crecente comunidade de músicos e artistas. Tamén é o principal centro industrial do país, onde se procesan moitas das materias primas que chegan do interior do país.
Estimacións do 2009 cifraban en 9 518 988 o número de habitantes da cidade. Xunto á capital da República do Congo, que conta cunha poboación na súa área metropolitana de 1,5 millóns de habitantes,[2] forma a Área metropolitana de Kinshasa-Brazzaville, que conta cunha poboación estimada no 2009 de máis de dez millóns de habitantes,[3] a terceira conurbación máis grande de África.[4][5][6] É a cidade máis poboada de África tras Lagos.[7]
Esténdeso sobre máis de 30 km de leste a oeste e sobre máis de 15 km de norte a sur. Unha parte importante da superficie da rexión de Kinshasa é rural, cuberta por unha sabana arborada con algúns arbustos. A comuna rural de Molucas, na parte oriental da provincia, ocupa o 79% do territorio.