La La Land (filme)
filme de 2016 de Damien Chazelle / From Wikipedia, the free encyclopedia
La La Land é un filme musical estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Damien Chazelle. O filme é unha versión moderna do musical hollywoodense do mesmo nome. Ryan Gosling, como protagonista, interpreta a Sebastian, un pianista de jazz que se namora de Mia, unha aspirante a actriz nos Ánxeles, interpretada por Emma Stone. Foi lanzada nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2016 por Summit Entertainment.[2][3] En Galiza estreouse o 13 de xaneiro de 2017 en versión orixinal e coa dobraxe e título en castelán (La ciudad de las estrellas - La La Land)[4]. O elenco inclúe tamén a J. K. Simmons, Finn Wittrock, John Legend e Rosemarie DeWitt. O filme tivo a súa estrea mundial na 73° edición do Festival de Venecia, que se levou a cabo do 31 de agosto ao 10 de setembro de 2016.[5]
La La Land | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Damien Chazelle |
Produtor | Gary Gilbert Marc E. Platt Fred Berger Jordan Horowitz |
Guión | Damien Chazelle |
Baseado en | Musical La La Land |
Intérpretes | Ryan Gosling Emma Stone J.K. Simmons Finn Wittrock Rosemarie DeWitt John Legend |
Música | Justin Hurwitz |
Fotografía | Linus Sandgren |
Montaxe | Linus Sandgren |
Estudio | Gilbert Films Impostor Pictures Marc Platt Productions |
Distribuidora | Summit Entertainment (Estados Unidos) |
Estrea | 9 de decembro de 2016 Estados Unidos; 13 de xaneiro de 2017 |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | musical; comedia-drama; romance. |
Orzamento | 30 millóns $[1] |
Recadación | 132,1 millóns $ |
Na rede | |
http://www.lalaland.movie | |
|
A película foi eloxiada polo público e a critíca, sendo nomeada a varios premios destacando os Globos de Ouro onde gañou as 7 categorías ás que estaba nomeada (mellor filme - comedia ou musical, director, actor e actriz de comedia ou musical, guión, banda sonora e canción orixinal), converténdoa na película máis premiada da historia do Globo de Ouro, superando Alguén voou sobre o niño do cuco que levara 6 premios en 1975.[6]
O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[7].