Nevis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nevis é unha illa no mar Caribe, o seu nome é unha corrupción da palabra española Nieves, forma abreviada de Nuestra Señora de las Nieves, nome que segundo a tradición local, aínda que sen evidencia histórica [1] puxo á illa Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493 ao ancorar nela[2] durante a súa segunda viaxe a América por mor das nubes que cobren permanentemente o Monte Nevis e que lle dá unha aparencia de cumio nevado. Xunto coa illa de Saint Kitts que está ao norte, constitúe a Federación de Saint Kitts e Nevis. A illa abrangue nove antigos centros volcánicos que contribuíron á súa formación[3], calculándose a última erupción en cen mil anos atrás[4] .
Nevis | |
---|---|
Bandeira de Nevis | |
Localización da illa Nevis | |
Situación | |
País | Saint Kitts e Nevis |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 17°09′N 62°35′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 93´2 km² |
Punto máis alto | 985 m. Monte Nevis |
Demografía | |
Capital | Charlestown |
Poboación | 11.500 hab. |
Densidade | 124 hab./km² |
Nevis conta co seu propio parlamento e goberno, o actual primeiro ministro é Joseph Parry, quen substituíu en 2006 a Vance Armory. A constitución de Saint Kitts e Nevis recoñece no seu artigo 113 o dereito á secesión da illa de Nevis[5] e nese marco legal o 10 de agosto de 1998 celebrouse un referendo de autodeterminación, mostrándose favorables á secesión o 61.7% dos votantes de Nevis, sen chegar por pouco aos dous terzos requiridos pola constitución[6]