Penicillium rubens
From Wikipedia, the free encyclopedia
Penicillium rubens é unha especie de fungo do xénero Penicillium e foi a primeira especie que se soubo podía producir o antibiótico penicilina (aínda que a súa identificación como tal foi tardía). Foi descrito por Philibert Melchior Joseph Ehi Biourge en 1923. Polo descubrimento da penicilina a partir desta especie Alexander Fleming compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxia de 1945 (pero daquela identifícouse a cepa como Penicillium rubrum).[1] O tipo de mofo orixinal que producía a penicilina foi identificado ao longo do tempo como Penicillium rubrum, P. notatum e P. chrysogenum, entre outros, pero comparacións xenómicas e análises filoxenéticas feitas en 2011 resolveron que se tataba de P. rubens.[2][3] É a mellor fonte de penicilinas e produce bencilpenicilina (G), fenoximetilpenicilina (V) e octanoilpenicilina (K). Tamén produce outros importantes compostos bioactivos como a andrastina, crisoxina, funxisporina, roquefortina e sorbicilinas.[4][5]
Penicillium rubens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|