Portaenxertos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Portaenxertos ou padrón[1] é o nome dado á planta cuxa parte de baixo (raíz e base do talo) é aproveitada nun enxerto. A parte de arriba é o enxerto propiamente dito.
O enxerto é unha forma de creación de mudas de plantas, bastante utilizada nalgunhas especies, principalmente de froiteiras e plantas ornamentais. Neste procedemento, o gomo dunha planta, normalmente extraído da punta dunha póla, é implantado na base da muda dunha segunda planta, normalmente doutra especie de igual xénero ou familia.
O enxerto pode ser utilizado para xerar mudas de plantas de difícil reprodución ou para aproveitar características das dúas especies, como un enxerto que xere bos froitos enxertado nun padrón vizoso.