Providenciales
From Wikipedia, the free encyclopedia
Providenciales, coñecida localmente como "Provo", é unha illa pertencente ás Illas Turks e Caicos. Ten unha extensión de 98 km² e nela viven 23.769 persoas,[1] sendo a illa con máis poboación e a terceira en extensión do país. Con extensas praias e arrecife de coral é un destino turístico de luxo, se enorgullece de contar con 350 días de sol ao ano.
Providenciales | |
---|---|
Enseada das tartarugas na praia de Providenciales | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Reino Unido |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 21°47′N 72°17′O |
Xeografía | |
Superficie | 98 km² |
Longura máxima | 23´4 km. |
Largura máxima | 12´9 km. |
Punto máis alto | 49 m. Blue Hills |
Demografía | |
Poboación | 23.769 (2012) |
Densidade | 243 hab./km² |
Providenciales antes de 1960 só contaba cuns 500 habitantes. En 1966 unha empresa arrendoulle as terras ao Estado. Como resultado, a illa Providenciales é a máis poboada e desenvolvida das illas Turks e Caicos. Provo é o centro comercial e turístico da zona. O aeroporto internacional de Providenciales é o máis grande aeroporto internacional das illas Turks e Caicos, servindo as cinco illas.
As cidades máis grandes de Providenciales son Five Cays, Honda Road, The Bight e Wheeland.