Rudolf Steiner
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rudolf Steiner, nado en Donji Kraljevec (Croacia) o 25 de febreiro de 1861[1] e finado en Dornach (Suíza) o 30 de marzo de 1925, foi un filósofo austríaco, erudito literario, educador, artista, autor teatral, pensador social e esoterista.[2][3][4]
Foi o fundador da antroposofía, educación Waldorf, agricultura biodinámica, medicina antroposófica,[5] e a nova forma artística da euritmia.
Caracterizou a antroposofía como:
A antroposofía é un camiño de coñecemento que quixera conducir o espiritual no home ao espiritual no universo. Poden ser antropósofos aqueles que senten determinadas cuestións sobre a esencia do home e do mundo como unha necesidade tan vital como a que se sente cando temos fame e sede.Rudolf Steiner[6]
Steiner propuxo unha forma de individualismo ético, ao que despois engadiu un compoñente máis explicitamente espiritual. Derivou a súa epistemoloxía da visión do mundo de Johann Wolfgang von Goethe, segundo a cal «O pensamento é un órgano de percepción ao igual que o ollo ou o ouvido. Do mesmo modo que o ollo percibe cores e o ouvido sons, así o pensamento percibe ideas».[7]