Río Amur
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Amur (Амур en ruso ; 黑龙江 ("río do dragón negro") en chinés, pronunciado Heilongjiang), ou Sahalyan ula en manchú "río negro", é un río de Asia cuxa conca hidrográfica se estende por partes de Mongolia, Rusia e China ao longo de 4.444 km, a contar desde a fonte do río Argun, lonxitude que o converte no primeiro de Siberia — aínda que é máis curto que o sistema formado polo Obi e máis o seu afluente o Irtich — e o cuarto de Asia pola lonxitude do seu percurso; considérase que é o oitavo da Terra.
Datos rápidos País, Nacemento ...
O río Amur desde a orela occidental da cidade de Heihe. | |
País | China Rusia |
---|---|
Nacemento | fonte do río Argun |
Lonxitude | 4.444 km |
Conca | 1.850.000 km² |
Desembocadura | Estreito da Tartaria (Mar de Okhotsk) |
O río Amur, fai o linde natural entre Rusia e a China | |
Pechar
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Dende o punto de vista administrativo, percorre o óblast de Amur, o óblast Autónomo Hebreo, o krai de Khabarovsk, en Rusia, e a provincia chinesa de Heilongjiang, drenando unha conca de 1 885 000 km², que é a 12ª máis extensa do planeta.