Aedes aegypti
especie de mosquito / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aedes aegypti é un mosquito que pode ser portador do virus do dengue e da febre amarela, así como doutras doenzas, como a Chikungunya, a febre de Zika e o Virus Mayaro. É membro do subxénero Stegomyia dentro do xénero Aedes (ao que pertence o estreitamente emparentado Aedes albopictus, vector tamén do dengue).
Aedes aegypti | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Distribución mundial de Aedes aegypti. O mapa amosa a probabilidade de ocorrencia. | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Pode recoñecerse polas súas distintivas marcas brancas, aínda que as súas diferenzas en aspecto con respecto a outros mosquitos poden ser lixeiras. Son máis activos durante o día que na noite a diferenza doutros mosquitos que só son activos na noite ou a calquera hora. Orixinario de África,[1] atópase no presente en rexións tropicais e subtropicais a través do mundo.[2] En América, preséntase dende os estados do sur dos Estados Unidos até o centro da Arxentina e o Uruguai. Comparte hábitat con Aedes albopictus, que o está desprazando nalgunhas zonas.