Agalega
grupo de dúas illas do Océano Índico pertencentes á república de Mauricio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Agalega (en francés îles Agaléga) é un grupo de dúas illas do océano Índico pertencentes á república de Mauricio. Ten unha extensión de 70 km² e 289 habitantes de fala crioula mauricia e relixión católica. Sitúase a uns mil quilómetros ao norte da Illa Mauricio. A poboación das illas en xullo de 2011 estimábase en 300 habitantes.[1] As illas teñen unha superficie total de 26 ha. A illa norte ten 12,5 km de lonxitude e 1,5 km de ancho, mentres que a illa sur ten 7 km de longo e 4,5 km de largo. A Illa Norte alberga a pista de aterraxe das illas e a capital Vingt Cinq.[2] As illas son coñecidas polos seus cocos, cuxa produción é a súa principal industria, e polo lagarto de Agalega. Existe un memorando de entendemento entre os gobernos de Mauricio e a India para desenvolver as illas Agalega que permite á India establecer alí unha base militar.[3][4][5][6] (see India–Mauritius military cooperation). Os habitantes locais están descontentos e protestan pola construción da base militar que está a xerar problemas de desemprego, cultura e soberanía de Mauricio.[7][8]
Agalega | |
---|---|
Agaléga | |
Localización das illas Agalega. | |
Mapa do arquipélago de Agalega. | |
Situación | |
País | Mauricio |
Arquipélago | Mascareñas |
Mar | Oéano Índico |
Xeografía | |
Xeoloxía | Coral |
Superficie | 24 km² |
Punto máis alto | Montaigne d' Emmerez, 8m |
Demografía | |
Capital | Sainte Rite |
Poboación | 289 hab. (2011)) |
Densidade | 12 hab./km² |
Lingua propia | Crioulo de Agalega, inglés |