Airbus A380
avión de pasaxeiros / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Airbus A380, fabricado polo consorcio europeo Airbus desde o 2005 ata 2021, é un avión para o transporte de viaxeiros (entre 555 e 850 viaxeiros), o que o converte no maior avión comercial da historia. Trátase dun catrimotor de dous pisos e fuselaxe ancha e debido ao seu tamaño moitos aeroportos tiveron que modificar e mellorar as súas instalacións para acomodalo. Inicialmente foi chamado Airbus A3XX e deseñouse para desafiar o monopolio de Boeing no mercado dos avións de gran tamaño. O 27 de abril do ano 2005 realizou o seu primeiro voo experimental, e o 25 de outubro do 2007 realizou o seu primeiro voo comercial coa aeroliña Singapore Airlines.
A380 | |
---|---|
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 27 de abril de 2005 |
Introducido | 25 de outubro do 2007 con Singapore Airlines |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Emirates Singapore Airlines Qantas Lufthansa |
Produción | 2004-2021 |
Unidades construídas | 254 (incluídos 3 avións de probas)[1] |
Custo unitario | 428 millóns de dólares[2] |
Só existen unha variante do Airbus A380 en fabricación, o A380-800.
O piso superior do A380 esténdese ao longo de toda a fuselaxe. Isto fai que o A380-800 teña unha cabina de 478 metros cadrados de espazo útil, un 40% máis que o seguinte avión en tamaño, o Boeing 747-8,[3] que proporciona asentos para 525 persoas nunha configuración de tres clases ou para ata 853 en configuración de só clase económica. O A380-800 ten un alcance de 15.700 quilómetros, suficientes para voar se escalas dende Dallas a Sydney, e unha velocidade de cruceiro de Mach 0.85 (sobre 900 km/h a altura de cruceiro), semellante á do Boeing 747.
Entre 2005 e 2021 Airbus produciu 254 avións (incluídos 3 avións de probas)[2]
Debido ás dificultades co cableado eléctrico, a produción inicial atrasouse dous anos e os custos de desenvolvemento case se duplicaron. Entregouse por primeira vez a Singapore Airlines o 15 de outubro de 2007 e entrou en servizo o 25 de outubro. A produción alcanzou un máximo de 30 unidades ao ano en 2012 e 2014. Non obstante, despois de que o maior cliente, Emirates, reducise o seu último pedido en febreiro de 2019, Airbus anunciou que a produción do A380 remataría en 2021. O 16 de decembro de 2021, Emirates recibiu o seu A380 número 123, que foi o número 251 en todal e o último entregado por Airbus. O custo de desenvolvemento estimado do A380 en 25.000 millóns de dólares non foi recuperado cando Airbus rematou a produción.[4]