Ana Bolena
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana Bolena (en inglés: Anne Boleyn), raíña consorte de Inglaterra, 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en 1501 - 19 de maio de 1536[1]. Ana foi a segunda esposa do rei Henrique VIII e a nai da raíña Isabel I. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a Reforma inglesa, con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Anne Boleyn 1507 Blickling Hall |
Morte | 19 de maio de 1536 (28/29 anos) Torre de Londres |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Lugar de sepultura | Capela Real de São Pedro ad Vincula (pt) |
Raíña consorte | |
1533 – 1536 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Cor dos ollos | Castanho escuro (pt) e castaño |
Cor do pelo | Pelo negro e castaño escuro |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata , dama de compañía , monarca |
Lingua | Lingua inglesa e lingua francesa |
Outro | |
Título | Raíña consorte Marquess of Pembroke (en) |
Familia | Boleyn family (en) |
Cónxuxe | Henrique VIII de Inglaterra (1533 (Gregoriano)–1536), morte da persoa |
Fillos | Isabel I de Inglaterra, miscarried son Tudor (en) , Henry, Duke of Cornwall (en) |
Pais | Tomás Bolena, 1.º Conde de Wiltshire (pt) e Isabel Bolena, Condessa de Wiltshire e Ormonde (pt) |
Irmáns | Maria Bolena (pt) e Jorge Bolena (pt) |
Parentes | María I de Inglaterra (fillastra) Catarina Howard (maternal first cousin (en) ) |
Ana Bolena é popularmente coñecida por ser degolada baixo acusación de adulterio, incesto e traizón. Está cumpridamente asumido o ser inocente dos cargos, e foi conmemorada máis tarde como mártir na cultura Protestante inglesa, particularmente polos traballos de John Foxe. A súa vida foi adaptada en numerosas novelas, obras de teatro, cancións, óperas, dramas de televisión e películas, incluíndo Anne of the Thousand Days (Ana dos mil días), The Other Boleyn Girl (As irmás Bolena), The Tudor (Os Tudor), The Six Wives of Henry VIII (As seis esposas de Henrique VIII), Anna Bolena e Doomed Queen Anne.
En anos recentes, a opinión académica e histórica sobre ela foi xeralmente favorable —en gran parte grazas a dúas extensas biografías escritas polo profesor Eric Ives (1986 e 2004). Os traballos de David Starkey, David Loades, John Guy, Retha Warnicke e Diarmaid Macculloch tamén foron favorables ou admirativos. As populares biografías de Joanna Denny e a feminista Karen Lindsey abordárona de forma similar. Unha excepción notable vén do traballo do escritor británico Alison Weir, cuxos libros son a miúdo bastante máis críticos con Ana.