Aogashima
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aogashima (青ヶ島?) é unha illa volcánica xaponesa que se atopa no Mar de Filipinas.[1] Está administrada por Toquio e atópase a 358 km ó sur da cidade e a 64 km ó sur de Hachijō-jima. É a máis meridional e illada illa habitada do arquipélago Izu.[2]
Datos rápidos Situación, País ...
Aogashima | |
---|---|
青ヶ島 (en xaponés) | |
Vista satélite da illa. | |
Situación | |
País | Xapón |
Arquipélago | Illas Izu |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 32°27′25.2″N 139°46′1.2″L |
Xeografía | |
Superficie | 8,75 km² |
Longura máxima | 3,5 km |
Largura máxima | 2,5 km |
Perímetro | 9 km |
Punto máis alto | 423 |
Demografía | |
Poboación | 170 (2014) |
Pechar
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A vila de Aogashima administra a illa baixo a Subprefectura de Hachijō, da Metrópole de Toquio. A área da illa é de 8,75km2 e no 2014 tiña unha poboación de 170.