Arroaz austral
From Wikipedia, the free encyclopedia
O arroaz austral,[Cómpre referencia] Tursiops australis Charlton-Robb et al. 2011, é unha especie de mamífero odontoceto da familia Delphinidae, endémica das augas costeiras do sur e sueste de Australia, que foi descrita o ano 2011.
Arroaz austral Tursiops australis | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arroaz austral en Port Phillip | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Tursiops australis Charlton-Robb et al., 2011 |
Durante moito tempo os científicos pensaron que o xénero Tursiops era monoespecífico, coa única especie Tursiops truncatus, aínda que moitos pensaban en que podería haber máis dunha.
Desde que en 1998 Rice recoñeceu como válida a especie Tursiops aduncus (que fora descrita por Ehrenberg en 1833) houbo un crecente consenso de que o xénero estaba formado por estas dúas especies.[1]
Pero recentes estudos de xenética molecular permitiron un mellor coñecemento deste problema, anteriormente insuperábel, e unha terceira especie, Tursiops australis foi descrita en 2011.[2][3]
É a terceira vez que se recoñece unha nova especie de golfiño desde finais do século XIX.[4]
A especie foi denominada Tursiops australis pola investigadora que a descubriu, Kate Charlton-Robb, da Universidade de Monash.
Só se identificaron dúas poboacións de T. australis: unha en Port Phillip e a outra nos lagos de Gippsland. Calcúlase que están compostas por un total de aproximadamente 150 arroaces (100 en Port Phillip e 50 en Gippsland).[3]