Canón do Sil
val escavado polo río Sil e zona especial de conservación / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]
Máis información Marco Legal, Datos de interese ...
Canón do Sil | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | 2006 | ||
Superficie: | 5.914 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 21 de setembro de 2006, ZEC o 31 de marzo de 2014. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Lugo e Ourense | ||
Concellos: | Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil. | ||
Ríos: | río Cabe, río Sil, río Miño | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pechar
Este tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópanse os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.