Carl Gustav Jacob Jacobi
matemático alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carl Gustav Jacob Jacobi, nado en Potsdam, Prusia, o 10 de decembro de 1804 e finado en Berlín o 18 de febreiro de 1851, foi un matemático alemán. Autor moi prolífico, contribuíu en varios campos da matemática, principalmente na área das funcións elípticas, a álxebra, a teoría dos números e as ecuacións diferenciais. Tamén destacou no seu labor pedagóxico, polo que foi considerado o profesor máis estimulante do seu tempo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Foi o primeiro matemático xudeu en ocupar o cargo de profesor nunha universidade alemá.[1]