Chrysler Building
rañaceos en Nova York / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Chrysler Building (en galego: edificio Chrysler) é un rañaceos de estilo art déco situado na encrucillada entre a Rúa 42 con Lexington Avenue, no East Side de Midtown Manhattan, Nova York, no barrio de Turtle Bay. Con 77 andares e 319 metros de altura, foi o edificio máis alto do mundo durante once meses, até ser superado polo Empire State Building en 1931.[4] Segue a ser o edificio de ladrillo máis alto do mundo, malia ter estrutura de aceiro. Tras a destrución do World Trade Center nos atentados do 11 de setembro de 2001, converteuse de novo no segundo edificio máis alto de Nova York. Actualmente é o quinto máis alto de Nova York, tralo One World Trade Center, o 432 Park Avenue, o Empire State Building e a Bank of America Tower.[5]
Chrysler Building | |
---|---|
Chrysler Building | |
Rexistro de altura | |
Edificio | |
Nome inicial | Chrysler Building |
Tipo | rañaceos |
Estilo | Art déco |
Custo | 14 millóns de dólares[1] |
Sistema estrutural | aceiro con ladrillo |
Enderezo | 405 Lexington Avenue |
Localización | Manhattan, Nova York Estados Unidos |
Coordenadas | 40°45′05″N 73°58′33″O |
Propietario | Abu Dhabi Investment Council |
Uso(s) | Oficinas |
Construción | |
Inicio | 19 de setembro de 1929 |
Remate | 1930 |
Dimensións | |
Altura | 318,9 m[2] |
Superficie | 1.040.000 m2 |
Altura da azotea | 238,7 m |
Altura da última planta | 252,3 m |
Plantas | 77[2][3] |
Número de ascensores | 32[2] |
Equipo | |
Arquitecto(s) | William van Alen |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Edificio Chrysler, deseñado polo arquitecto William van Alen, é un exemplo clásico da arquitectura art déco e moitos arquitectos contemporáneos considérano un dos mellores edificios de Nova York.[5] Foi a sede da empresa Chrysler desde 1930 até mediados dos anos cincuenta.[6][7] Aínda que o edificio construíuse e deseñouse especificamente para o fabricante de coches, a empresa non pagou a súa construción e nunca foi a súa propietaria, debido a que Walter P. Chrysler decidiu pagalo el mesmo para que fose un proxecto persoal.[8] A súa construción estivo marcada pola competición para ser o edificio máis alto do mundo, na que o seu principal rival era o Bank of Manhattan Building (actualmente The Trump Building), cunha altura final de 282,5 m, mentres que o Edificio Chrysler ía ficar en 281,9 m. Con todo, aos poucos meses de que se completase o Bank of Manhattan Building, construíuse en segredo unha agulla piramidal no interior do Edificio Chrysler e instalouse no bico, acadando así unha altura total de 319 m.[9]