Ergocalciferol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ergocalciferol, tamén chamado vitamina D2, é un tipo de vitamina D que se encontra nos alimentos e se utiliza como suplemento dietético.[1] Como suplemento utilízase para previr e tratar a deficiencia de vitamina D.[2] Isto inclúe a deficiencia de vitamina D debida a mala absorción intestinal ou enfermidades hepáticas.[3] Tamén pode usarse en casos de hipocalcemia debida a hipoparatiroidismo.[3] Utilízase por vía oral ou inxección intramuscular.[2][3]
Ergocalciferol | |
---|---|
(3S,5Z,7E,22E)-9,10-secoergosta-5,7,10(19),22-tetraen-3-ol | |
Outros nomes Viosterol, Drisdol, Calcidol, outros | |
Identificadores | |
Número CAS | 50-14-6 |
PubChem | 5280793 |
ChemSpider | 4444351 |
UNII | VS041H42XC |
DrugBank | DB00153 |
KEGG | C05441 |
ChEBI | CHEBI:28934 |
ChEMBL | CHEMBL1536 |
Código ATC | A11CC01 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C28H44O |
Masa molar | 396,65 g mol−1 |
Punto de fusión | 114-118 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Doses excesivas deste composto poden causar un incremento na produción de urina, presión arterial alta, cálculos renais, insuficiencia renal, debilidade e estrinximento.[4] Se se toman altas doses durante un tempo prolongado pode haber calcificación tisular.[3] Recoméndase que as persoas que toman doses altas fagan revisións do seu nivel de calcio sanguíneo regularmente.[2] A doses normais o uso de ergocalciferol é seguro durante o embarazo.[5] Funciona incrementando a cantidadede calcio absorbido polos intestinos e riles.[4] Entre os alimentos nos que se encontra están algúns cogomelos.[6]
O ergocalciferol foi descrito por primeira vez en 1936.[7] Está na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, que son as medicinas máis efectivas e seguras necesarias para o funcionamento básico dun sistema sanitario.[8] O ergocalciferol está dispoñible como medicamento xenérico e sen receita e é moi utilizado.[4] Por exemplo, en 2016 nos Estados Unidos foi a 56ª medicina máis prescrita polos médicos, con máis de 14 millóns de prescricións.[9] Nalgúns países a certos alimentos, como os cereais para o almorzo e a margarina, se lles engade ergocalciferol.[10][11]