GNU Hurd
From Wikipedia, the free encyclopedia
GNU Hurd é o microkernel[3] multiservidor que desenvolve o Proxecto GNU da Free Software Foundation.[4][5] Está pensado como substituto do núcleo Unix e libérase con licenza GNU. Malia que o kernel de Linux se converteu na solución máis viable no proxecto GNU, o desenvolvemento de GNU Hurd continúa arestora só que a modo.[6]
GNU Hurd | |
---|---|
Desenvolvedor | Proxecto GNU, Thomas Bushnell, Roland McGrath, Marcus Brinkmann, Neal Walfield e Samuel Thibault |
Familia de S.O. | GNU Hurd |
Tipo de núcleo | Microkernel multiservidor |
Licenza | GNU GPLv2+[1] |
Última versión estable | 0.9 18 de decembro de 2016[2] |
Sitio web | www.gnu.org/software/hurd/ |
GNU Hurd consiste nunha serie de protocolos e procesos de servidor (ou daemons) que se executan no microkernel GNU Mach.[7] Hurd intenta superar en funcionalidade ao kernel de Unix, e en estabilidade, máis sen perder a compatibilidade con este. O Proxecto GNU, con desenvolvedores a favor desde a década dos 1980, escolleu a opción de ser multiservidor pola aparente vantaxe sobre das arquitecturas traducionais monolíticas de Unix.[6]