Gonzalo de Mondoñedo
relixioso galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gonzalo de Mondoñedo[1], coas variantes Gonzalo Froilaz ou Gonzalo Arias[1], tamén coñecido como san Gonzalo, foi un nobre e relixioso galego, membro da familia Froilaz-Traba, fillo de Froila Bermúdez e irmán de Pedro Froilaz, conde de Galiza e Trastámara[2]. Ocupou o bispado de Mondoñedo entre os anos 1070 e 1108. Durante o seu mandato impulsou a obra románica da Catedral de San Martiño de Mondoñedo (Foz) e mantivo varios preitos territoriais tentando conservar os dominios da súa diocese. Especial relevancia tivo o litixio mantido co bispo Diego Xelmírez polos arciprestados de Salaxia, Bezoucos e Trasancos. A súa figura, santificada polo pobo (non está canonizado pola igrexa), está envolta na lenda ao atribuírselle o afundimento dunha armada normanda e outros milagres.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1040 (Gregoriano) Galicia |
Morte | 1112 |
Lugar de sepultura | Basílica de San Martiño de Mondoñedo |
Bispo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Outro | |
Título | Bispo de Mondoñedo (1070-1108) |
Familia | Familia Froilaz-Traba |
Pais | Froila Bermúdez e Elvira de Faro |
Irmáns | Pedro Froilaz de Traba e Visclávara Froilaz |