Pedro Froilaz de Traba
Conde de Galiza, Trastámara e Traba / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Froilaz (tamén escrito Pero,[1] así como Froylaz[2] ou Fróilaz[3]), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava)[4], Trastámara[5], Galiza[6] e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernando Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1075 (Gregoriano) Reino de Galicia |
Morte | c. 1126 (50/51 anos) Santiago de Compostela |
Lugar de sepultura | Panteón Real da Catedral de Santiago |
Conde de Galicia | |
Conde de Trastámara | |
Conde de Traba | |
– Fernando Pérez de Traba → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Viadangos |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Traba |
Cónxuxe | Urraca Froilaz de Traba Maior Rodríguez |
Fillos | Bermudo Pérez de Traba () Urraca Froilaz de Traba García Pérez de Traba () Maior Rodríguez Lupa Pérez de Traba () Urraca Froilaz de Traba Fernando Pérez de Traba () Urraca Froilaz de Traba Rodrigo Pérez de Traba () Maior Rodríguez Aldara Pérez de Traba () Maior Rodríguez |
Pais | Froila Bermúdez e Elvira Méndez de Faro |
Irmáns | Gonzalo Froilaz de Traba, Visclávara Froilaz, Rodrigo Froilaz, Munia Froilaz, Adosinda Froilaz e Hermesenda Froilaz |