Rodrigo Froilaz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rodrigo Froilaz (Roderici Froylaz ou Rudericus Petriz), foi un nobre galego pertencente á familia Froilaz-Traba[1], tamén chamada Petriz[2]. Foi fillo de Froila Petriz Bermúdez e irmán, entre outros, do conde Pedro Froilaz de Traba e do bispo Gonzalo de Mondoñedo. Da súa familia herdou amplos dominios territoriais nas actuais comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Casou coa nobre Guncina González (Goncina Gondisaluit)[3], matrimonio do que naceron catro fillos. Finou no ano 1133 e recibiu sepultura no panteón familiar dos Froilaz no mosteiro de San Martiño de Xuvia.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1087 |
Morte | 1133 |
Lugar de sepultura | Mosteiro de San Martiño de Xuvia |
Outro | |
Título | Almirante de Galiza Señor de Trasancos Alférez do rei Afonso VII |
Familia | Casa de Traba |
Pais | Froila Bermúdez e Elvira de Faro |
Irmáns | Pedro Froilaz de Traba |
Pechar