Raimundo de Borgoña
Conde de Galiza / From Wikipedia, the free encyclopedia
Raimundo de Borgoña, tamén coñecido como Reimundo de Borgoña,[1] nado en Besançon cara a 1070 e finado en Grajal de Campos no 24 de maio de 1107, foi un nobre do Condado de Borgoña, fillo do conde Guillerme I e irmán do papa Calisto II.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1070 (Gregoriano) Besançon, Francia |
Morte | 20 de setembro de 1107 (36/37 anos) Grajal de Campos |
Lugar de sepultura | catedral de Santiago de Compostela |
Conde de Galicia | |
← Rodrigo Ovéquiz – Pedro Froilaz de Traba → | |
Reino de Galicia | |
Conde Magno | |
← Rodrigo Ovéquiz | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Conde Conde Magno |
Familia | Anscáridas (pt) e Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Orraca de León (1095 (Gregoriano)–) |
Fillos | Sancha Raimúndez, Afonso VII |
Pais | Guillerme I de Borgoña e Estefanía de Borgoña |
Irmáns | Sibila de Borgoña, Clemencia de Borgoña, Xisela de Borgoña, Reinaldo II, Conde da Borgonha (pt) , Estevo I de Borgoña, Calisto II e Ermentrud of Burgundy (en) |
No ano 1087 acudiu á Península Ibérica, xunto con outros nobres franceses, para deter o avance dos exércitos almorábides, vencedores das forzas cristiáns na batalla de Zalaca. Durante a súa estadía foi concertada unha alianza política que incluía o seu casamento coa infanta Urraca, filla e herdeira do rei Afonso VI, o que o colocou no primeiro posto da liña sucesoria. O rei Afonso confioulle dúas importantes tarefas, o goberno dun Reino de Galicia no que se desencadeara recentemente unha revolta nobiliaria que ameazaba coa secesión do territorio, e a defensa das terras fronteirizas cos reinos musulmáns, en especial da recentemente anexionada taifa de Toledo.
Froito dos seus esponsais con Urraca naceron dous fillos, a infanta-raíña Sancha Raimúndez e o futuro emperador Afonso VII, primeiro rei da chamada dinastía de Borgoña nos reinos de Galicia, León e Castela.