Elvira Méndez de Faro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Elvira Méndez de Faro, foi unha nobre galega do século XI, filla do conde Mendo Bermúdez de Faro e Aldara Gutérrez de Aranga[2].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Elvira Méndez.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI |
Morte | século XI |
Período de actividade | (Con vida en: século XI ) |
Familia | |
Familia | Liñaxe Faro[1] |
Cónxuxe | Froila Bermúdez de Trasancos |
Fillos | Gonzalo Froilaz Pedro Froilaz Rodrigo Froilaz Visclávara Froilaz Adosinda Froilaz |
Pais | Mendo Bermúdez de Faro e Aldara Gutérrez de Aranga |
Pechar
Herdou do seu pai propiedades nas Terras de Faro[3], territorio equivalente aos actuais concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo[4].
Da súa nai, filla do conde Guterre Rodríguez, Elvira herdou o castelo de Aranga e o seu couto xurisdicional[5].
Casou con Froila Bermúdez, da familia Froilaz-Traba, unindo o seu patrimonio territorial ao da liñaxe.
Do seu casamento naceron cinco fillos:
- Gonzalo Froilaz (- -1112), bispo de Mondoñedo.
- Pedro Froilaz (1075-1128), conde de Galiza e Trastámara.
- Rodrigo Froilaz (- -1133), almirante de Galiza[6] e señor de Trasancos.[7]
- Visclávara Froilaz, monxa no mosteiro de Xuvia.
- Adosinda Froilaz.