Gran Premio de Arabia Saudita de 2024
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Arabia Saudita de 2024 (oficialmente Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2024) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 9 de marzo de 2024 no Circuíto urbano de Jeddah en Jeddah, Arabia Saudita. A carreira foi a segunda rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.
Datos rápidos Detalles da carreira, Pole position ...
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 2 de 24 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024. | ||
Trazado do circuíto de Jeddah. | ||
Data | 9 de marzo de 2024 | |
Nome oficial | STC Gran Premio de Arabia Saudita | |
Localización | Circuíto urbano de Jeddah Jeddah, Arabia Saudita | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 6´174 km | |
Distancia | 50 voltas, 308´70 km | |
Clima | Carreira nocturna. | |
Pole position | ||
Piloto | Max Verstappen | Red Bull-Honda RBPT |
Tempo | 1:27.472 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Charles Leclerc | Ferrari |
Tempo | 1:31.632 na volta 50 | |
Podio | ||
Primeiro | Max Verstappen | Red Bull-Honda RBPT |
Segundo | Sergio Pérez | Red Bull-Honda RBPT |
Terceiro | Charles Leclerc | Ferrari |
Pechar
Max Verstappen gañou a carreira dende a pole position, logrando o seu podio número 100, a súa novena vitoria consecutiva e a súa segunda vitoria da tempada. Nesta carreira estreou o Gran Premio do piloto de Fórmula 2 Oliver Bearman, que substituíu a Carlos Sainz na Ferrari. Bearman terminou no sétimo lugar anotando os seus primeiros puntos na Fórmula Un.