Gregor Mendel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregor Mendel, nado en Heinzendorf o 20 de xullo de 1822[1] e finado o 6 de xaneiro de 1884 en Brno, foi un monxe agostiño católico e naturalista que describiu as chamadas Leis de Mendel que rexen a herdanza xenética, por medio dos traballos que levou a cabo con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum). Os primeiros traballos en xenética foron realizados por Mendel. Inicialmente realizou cruces de sementes, as cales tiveron a particularidade de saír de diferentes estilos e algunhas da súa mesma forma. Nos seus resultados atopou caracteres como os dominantes que se caracterizan por determinar o efecto dun xene e os recesivos por non ter efecto xenético sobre unha persoa heterocigota.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Gregor Johann Mendel 20 de xullo de 1822 Hynčice (Imperio Austríaco) |
Morte | 6 de xaneiro de 1884 Brno |
Causa da morte | insuficiencia renal nefrite (pt) |
Lugar de sepultura | tumba da orde dos Agustinos no cemiterio central de Brno Cemitério Central de Brünn (pt) |
Abade | |
1868 – 1884 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austríaco |
Grupo étnico | Pobo moravo |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Palacký University Olomouc (en) Universidade de Viena Ximnasio (escola) |
Coñecido por | Leis de Mendel |
Actividade | |
Campo de traballo | Xenética |
Ocupación | biólogo , botánico , sacerdote católico , matemático , xenetista , apicultor , naturalista |
Empregador | St Thomas's Abbey (en) |
Alumnos | Leoš Janáček |
Lingua | Lingua alemá, lingua latina e lingua checa |
Orde relixiosa | Orde de Santo Agostiño |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Mendel |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
Páxina web | mendelweb.org |
O seu traballo non foi valorado cando o publicou no ano 1866. Hugo de Vries, botánico holandés, xunto a Carl Correns e Erich von Tschermak, redescubriron as leis de Mendel por separado no ano 1900.